Benvidos ao noso novo Blog de Dinamización e Normalización Lingüística.
Este blog nace co obxectivo de continuar a divulgar traballos, compartir ferramentas e dar a coñecer as nosas actividades, todas elas deseñadas para potenciar o uso do galego no noso contorno e nas aulas, tanto polo alumnado e as súas familias como polo o profesorado.
Estamos preto da celebración do Magosto, así que unha proposta para este outono é celebrar un festival da CASTAÑA, froito deste tempo. e noi representativo da nosa comunidade. Cada titor que desexe participar, traballará na súa aula unha receita feita con castañas. Esta receita enviarase ás casas dos alumnado participante, solicitando a colaboración das familias na súa elaboración. O día 13 de novembro, venres, procederase á degustación nas aulas dos productos presentados polos rapaces. Os titores que desexen ser parte da actividade, enviarán circular explicativa aos pais/nais do seu grupo-clase. Facilitaremos tamén folla-plantilla para escribir a receita elexida. Ao remate da actividade, como producto final, O E.N.D.L. elaborará un libro-recetario con todas as receitas presentadas, fotos...
O equipo E.N.D.L. comezou este curso retomando a iniciativa do ano pasado que consistía enelaborar tarxetas nas que figuren erros gramaticáis frecuentes en galego e a forma correcta de dicilo. Todas estas tarxetas estarán visibles polo colexio adiante, e poderán participar todos os niveis educativos.
A única variante será que só aparecerá a forma correcta en galego de dicir esa verba para que os nenos nos teñan contacto visual coa forma incorrecta. Todas estas tarxetas estarán visibles polo colexio adiante, e poderán participar todos os niveis educativos.