9 dic 2014

Actividades de Nadal do Concello


Actividades de Nadal de Normalización lingüística
  • 10 decembro, mércores ás 20:00. Charla sobre o Rexurdimento no local da AVV do Casco Vello (Cánovas del Castillo, 2-baixo). Para público adulto. Conferenciante: Xurxo Martínez González.
  • 12 decembro, venres ás 18:00. Contacontos Babamor no Café de Catro a Catro (Girona, 16). Pára público familiar. Contadora: Larraitz Urruzola.
  • 13 decembro, sábado ás 11:30. Obradoiro de improvisación teatral "a partir de 6 anos" no Verbum (avda. Samil, 17) Para se inscribir deben enviar un e-mail co nome completo, teléfono, idade ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
  • 13 decembro, sábado ás 17:00. Obradoiro de improvisación teatral "a partir de 6 anos" no local da AVV do Casco Vello (Cánovas del Castillo, 2-baixo). Para se inscribir deben chamar á asociación veciñal 986 43 97 99, de 10:30 a 13:30 ou de 17:00 a 20:00.

* Máis información na web: snl.vigo.org e no facebook: vigo en galego.