30 ene 2013

30 de xaneiro- Día da Paz

Hoxe foi o día da Paz. No noso colexio tódolos anos facemos un pequeno acto conmemorativo. Nesta ocasión xuntámonos no patio todo o alumnado e o profesorado do colexio. Rapaces e mestres cantaron e bailaron o tema da paz deste ano e algúns outros de anos anteriores con coreografías de gran grupo. 

Click to play this Smilebox newsletter

9 ene 2013

Faladoiro de Nadal 2012

         O día antes de comezar as vacacións de Nadal tivemos un faladoiro no colexio. Un faladoiro lle chamamos a unha celebración colectiva na que prima o uso do galego oral. Os nenos fan distintas representacións en diversos estilos: teatrais, poéticas, cantos e bailes... Os alumnos fixeron un moi bo traballo. É que són uns artistas estupendos! Grazas a todos os que colaboráchedes para que fora posible. Aqui vos deixamos estas fotografías...
Click to play this Smilebox slideshow