21 mar 2013

Semana do Chiste e da Música Tradicional en Galego


Durante  a 2ª semana do mes de abril (do día 8 ao 12), terá lugar no colexio a Semana da nosa música popular e tradicional e o chiste na nosa lingua.
Lembrade preparar os chistes durante o mes anterior no tempo acordado e seleccionar os chistes que representarán á vosa clase.
A organización e temporalizaciónserá a que segue:
    .Primaria:
                 Luns: 6º A e 1º A (4 chistes en total).
                 Martes: 6º B e 1º B (4 chistes en total).
                 Mércores: 5º A e 2º A (4 chistes en total).
                 Xoves: 5º B, 2º B e 3º B. (6 chistes en total)
                 Venres: 4º A, 3º A e 4º B. (6 chistes en total)
    .Infantil: Os rapaces de 5 Anos serán os encargados de preparar os chistes coa súas respectivas mestras, escollendo en cada aula dous chistes sinxelos de fácil comprensión para os compañeiros de 3 e 4 anos. Ao longo da semana exporán os seus chistes cada día nunha clase de infantil dos niveis mentados anteriormente.
Se se considera necesario, pódese pedir colaboración ás familias para a recopilación dos chistes.
Se chovera esa semana cabe a posibilidade de trasladar a celebración á seguinte semana.
-Preparación da música. Gravaránse CDs con este tipo de música, e ao longo da semana o alumnado terá a oportunidade de escoitala durante o recreo mediante un sistema de megafonía.
Música en galego para INFANTIL: A Coordinadora Galega ten feito unha recopilación de música para os máis pequenos. Podedes acceder a ela a través deste enlace: http://coordinadoraendl.org/musicainfantl/index.php