9 dic 2014

Actividades de Nadal do Concello


Actividades de Nadal de Normalización lingüística
  • 10 decembro, mércores ás 20:00. Charla sobre o Rexurdimento no local da AVV do Casco Vello (Cánovas del Castillo, 2-baixo). Para público adulto. Conferenciante: Xurxo Martínez González.
  • 12 decembro, venres ás 18:00. Contacontos Babamor no Café de Catro a Catro (Girona, 16). Pára público familiar. Contadora: Larraitz Urruzola.
  • 13 decembro, sábado ás 11:30. Obradoiro de improvisación teatral "a partir de 6 anos" no Verbum (avda. Samil, 17) Para se inscribir deben enviar un e-mail co nome completo, teléfono, idade ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
  • 13 decembro, sábado ás 17:00. Obradoiro de improvisación teatral "a partir de 6 anos" no local da AVV do Casco Vello (Cánovas del Castillo, 2-baixo). Para se inscribir deben chamar á asociación veciñal 986 43 97 99, de 10:30 a 13:30 ou de 17:00 a 20:00.

* Máis información na web: snl.vigo.org e no facebook: vigo en galego.

28 nov 2014

1ª Semana do Cine. Curso 2014-15




A pasada Semana tivo lugar a 1º Semana de Cine en Galego adicada ao Cine Clásico e organizada polo equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do centro.
Escolléronse dúas películas para traballar cos nen@s:
  • As Minas do Rei Salomónco alumnado de Educación Primaria.
  • O Primeiro Walt Disney co alumnado de Educación Infantil.

Representación de monicreques


5 nov 2014

Un Laxeiro de CINE!!!

 
 

E.D.N.L. Información Xeral sobre Próximas Actividades

Un curso máis, o CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro de Vigo, traballa ao redor dun lema que se concreta nesta ocasión no tema do CINE.
Son moitas as iniciativas que se van levando a cabo dende as aulas, e o noso colexio xa empeza a vestirse de cine na entrada, polos corredoiros, e mesmo nas escadas.
Dende o equipo de dinamización normalización lingüística, propuxemos a busca de frases míticas da historia do cine, para expoñelas e compartilas con todo o alumnado durante o primeiro trimestre do curso.
Haberá tres semanas dedicadas ao cine ao longo do curso. A primeira terá lugar do 17 ao 21 de novembro e estará adicada ao cine clásico Aceptamos todas as propostas de filmes emblemáticos co audio en galego axeitadas ao nivel do alumnado. Non é doado conseguilas. Gracias pola vosa colaboración.

Outra proposta para este curso consiste en elaborar tarxetas nas que figuren erros gramaticáis frecuentes en galego e a forma correcta de dicilo. Todas estas tarxetas estarán visibles polo colexio, e poden participar todos os niveis educativos.


Actividades solicitadas pendentes de ser concedidas:
  • O Soño de Esther. 1º E.P.
  • Dobraxe na escola. 3º. 4º e 5º de E.P.
  • Obradoiro de ciencias. Elaboración de papel reciclado. E. I. 5 años.
  • Obradoiro de Ciencias. Obradoiro de plastilina. E.I. 5 anos.
  • Ríos que falan. 3º e 4º de  E.P.
(Por defecto, a coordinadora solicita todo o que considera interesante, xa que conceden moi poucas actividades. Por razón de tempo non vos consulto, pero sempre podedes dicir que non, no caso de que a actividade concedida non interese ou non vos veña ben por outras razóns).

Concursos e Convocatorias
  • Convocatoria de Concurso para elaboración da exposición sobre o autor homenaxeado o día das Letras Galegas 2015. (Pendurada no taboleiro da Sala de Mestres).
  • 7º Concurso de relatos "Ciencia que Conta". A Escribir!!! Concello de Vigo. Normalización.
  • Coñece a Laxeiro. Fundación Laxeiro. Solicitada.
  • Curso de Escritura Creativa para adurtos. (Taboleiro).
  • Curso de Auga Doce. (Taboleiro).