![]() |
Benvidos ao noso novo Blog de Dinamización e Normalización Lingüística. Este blog nace co obxectivo de continuar a divulgar traballos, compartir ferramentas e dar a coñecer as nosas actividades, todas elas deseñadas para potenciar o uso do galego no noso contorno e nas aulas, tanto polo alumnado e as súas familias como polo o profesorado.
12 dic 2014
10 dic 2014
Novas Actividades: "Son San" e "Para Bailar e Cantar".
9 dic 2014
Actividades de Nadal do Concello
Actividades de Nadal de Normalización lingüística
- 10 decembro, mércores ás 20:00. Charla sobre o Rexurdimento no local da AVV do Casco Vello (Cánovas del Castillo, 2-baixo). Para público adulto. Conferenciante: Xurxo Martínez González.
- 12 decembro, venres ás 18:00. Contacontos Babamor no Café de Catro a Catro (Girona, 16). Pára público familiar. Contadora: Larraitz Urruzola.
- 13 decembro, sábado ás 11:30. Obradoiro de improvisación teatral "a partir de 6 anos" no Verbum (avda. Samil, 17) Para se inscribir deben enviar un e-mail co nome completo, teléfono, idade ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
- 13 decembro, sábado ás 17:00. Obradoiro de improvisación teatral "a partir de 6 anos" no local da AVV do Casco Vello (Cánovas del Castillo, 2-baixo). Para se inscribir deben chamar á asociación veciñal 986 43 97 99, de 10:30 a 13:30 ou de 17:00 a 20:00.
* Máis información na web: snl.vigo.org e no facebook: vigo en galego.
2 dic 2014
28 nov 2014
1ª Semana do Cine. Curso 2014-15
A pasada Semana tivo lugar a 1º Semana de Cine en Galego adicada ao Cine Clásico e organizada polo equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do centro.
Escolléronse dúas películas para traballar cos nen@s:
- As Minas do Rei Salomónco alumnado de Educación Primaria.
- O Primeiro Walt Disney co alumnado de Educación Infantil.
5 nov 2014
Un Laxeiro de CINE!!!
E.D.N.L. Información Xeral sobre Próximas Actividades
Un curso máis, o CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro de Vigo, traballa ao redor dun lema que se concreta nesta ocasión no tema do CINE.
Son moitas as iniciativas que se van levando a cabo dende as aulas, e o noso colexio xa empeza a vestirse de cine na entrada, polos corredoiros, e mesmo nas escadas.
Dende o equipo de dinamización normalización lingüística, propuxemos a busca de frases míticas da historia do cine, para expoñelas e compartilas con todo o alumnado durante o primeiro trimestre do curso.
Haberá tres semanas dedicadas ao cine ao longo do curso. A primeira terá lugar do 17 ao 21 de novembro e estará adicada ao cine clásico Aceptamos todas as propostas de filmes emblemáticos co audio en galego axeitadas ao nivel do alumnado. Non é doado conseguilas. Gracias pola vosa colaboración.
Outra proposta para este curso consiste en elaborar tarxetas nas que figuren erros gramaticáis frecuentes en galego e a forma correcta de dicilo. Todas estas tarxetas estarán visibles polo colexio, e poden participar todos os niveis educativos.
Actividades solicitadas pendentes de ser concedidas:
- O Soño de Esther. 1º E.P.
- Dobraxe na escola. 3º. 4º e 5º de E.P.
- Obradoiro de ciencias. Elaboración de papel reciclado. E. I. 5 años.
- Obradoiro de Ciencias. Obradoiro de plastilina. E.I. 5 anos.
- Ríos que falan. 3º e 4º de E.P.
(Por defecto, a coordinadora solicita todo o que considera interesante, xa que conceden moi poucas actividades. Por razón de tempo non vos consulto, pero sempre podedes dicir que non, no caso de que a actividade concedida non interese ou non vos veña ben por outras razóns).
Concursos e Convocatorias
- Convocatoria de Concurso para elaboración da exposición sobre o autor homenaxeado o día das Letras Galegas 2015. (Pendurada no taboleiro da Sala de Mestres).
- 7º Concurso de relatos "Ciencia que Conta". A Escribir!!! Concello de Vigo. Normalización.
- Coñece a Laxeiro. Fundación Laxeiro. Solicitada.
- Curso de Escritura Creativa para adurtos. (Taboleiro).
- Curso de Auga Doce. (Taboleiro).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)