Acabo de recibir unha invitación de
Mónica Otero Bouzada, asesora do CFR de Vigo para que vos animedes a
participar no roteiro por Coia preparado por profesorado do IES Alexandre
Bóveda. Dito paseo terá lugar o vindeiro día 23 (xoves) a partires das 5 da tarde
dende a porta do propio IES Alexandre Bóveda. Dí así:
Poderedes pasear polo barrio e nunha
ducia de lugares nos mostrarán cómo está enlazada in situ información de tipo
toponímico, xeográfico, histórico,... Como xa che dixen creo que a
actividade, ademáis de placentera, ilustra un magnífico traballo que debería
ter difusión nos centros educativos do noso entorno, así que se non podes vir
prégoche que divulgues esta invitación. Vémonos.
Tlf 986 202370- Fax 986 209434
|
|
Benvidos ao noso novo Blog de Dinamización e Normalización Lingüística. Este blog nace co obxectivo de continuar a divulgar traballos, compartir ferramentas e dar a coñecer as nosas actividades, todas elas deseñadas para potenciar o uso do galego no noso contorno e nas aulas, tanto polo alumnado e as súas familias como polo o profesorado.
22 may 2013
Routeiro por Coia este xoves 23 de maio
Próximos actos en Vigo en conmemoración a Rosalía
2 may 2013
Letras Galegas e Faladoiro de Primavera 2013
Na pestana superior "Letras Galegas", hai á vosa disposición información e enlaces a recursos relacionados con esta temática.





26 abr 2013
21 mar 2013
Semana do Chiste e da Música Tradicional en Galego
Lembrade preparar os chistes durante o mes anterior no tempo acordado e seleccionar os chistes que representarán á vosa clase.
A organización e temporalizaciónserá a que segue:
.Primaria:
.Primaria:
Luns: 6º A e 1º A (4 chistes en total).
Martes: 6º B e 1º B (4 chistes en total).
Mércores: 5º A e 2º A (4 chistes en total).
Xoves: 5º B, 2º B e 3º B. (6 chistes en total)
Venres: 4º A, 3º A e 4º B. (6 chistes en total)
.Infantil: Os rapaces de 5 Anos serán os encargados de preparar os chistes coa súas respectivas mestras, escollendo en cada aula dous chistes sinxelos de fácil comprensión para os compañeiros de 3 e 4 anos. Ao longo da semana exporán os seus chistes cada día nunha clase de infantil dos niveis mentados anteriormente.
Se se considera necesario, pódese pedir colaboración ás familias para a recopilación dos chistes.
Se chovera esa semana cabe a posibilidade de trasladar a celebración á seguinte semana.
Se chovera esa semana cabe a posibilidade de trasladar a celebración á seguinte semana.
-Preparación da música. Gravaránse CDs con este tipo de música, e ao longo da semana o alumnado terá a oportunidade de escoitala durante o recreo mediante un sistema de megafonía.
Música en galego para INFANTIL: A Coordinadora Galega ten feito unha recopilación de música para os máis pequenos. Podedes acceder a ela a través deste enlace: http://coordinadoraendl.org/musicainfantl/index.php
Música en galego para INFANTIL: A Coordinadora Galega ten feito unha recopilación de música para os máis pequenos. Podedes acceder a ela a través deste enlace: http://coordinadoraendl.org/musicainfantl/index.php
11 feb 2013
Correlingua 2013
Vigo: 15 de maio
Saída da marcha: 11h Praza do Rei
Chegada: 12.00h Parque de Castrelos
Programa:
Chegada: 12.00h Parque de Castrelos
Programa:
11h: Actuación previa para Infantil que estará en Castrelos.
- Presenta: Pepe Penabade.
- Leitura do Manifesto
- Actuación do grupo gañador do Cantalingua
Outras actividades: Concurso de pancartas e animación da marcha.
Colaboran: Concello de Vigo, Eroski Center, Froitas Vilar, Alcampo, Fundación Celta de Vigo.
- Presenta: Pepe Penabade.
- Leitura do Manifesto
- Actuación do grupo gañador do Cantalingua
Outras actividades: Concurso de pancartas e animación da marcha.
Colaboran: Concello de Vigo, Eroski Center, Froitas Vilar, Alcampo, Fundación Celta de Vigo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)